
O meu instituto é moi grande e pouco acolledor. Nas instalacións faltan ascensores que dean acceso a outros edificios pero bueno, en xeral , co grande que é está bastante ben.
Eu creo que faría falta remodelar os edificos A e B, porque en realidade son os edificios vellos deste instituto, hai moitos pais de nenas/os que acoden a este instituto que xa acudiran eles antes. Hai pouco fixeron un edifico novo: o D. Aquí soen estar os nenos/as máis pequenos , é dicir, os que veñen novos.
Unha das actividades máis interesantes que realizan os nenos/as é o Cinensino.
Esta actividade lévase a cabo no auditorio de Vilalba, e acoden os alumnos de 1º, 2º de ESO e o PDC.
Os alumnos que acudiron ao cine terán que facer unhas actividades sobre a pelicula que viron.
A min en concreto esta actividade páreceme interesante. A parte de ser gratuita é divertida.