jueves, 18 de marzo de 2010

Actividade 13: Tomar decisións



1º:Eu creo qe en Vilalba faría falta un cine tanto para a xuventude como para a xente maior.
A xente que lle gusta ó cine tense que desprazar como mínimo a Lugo, as instalacións do centro da xuventude de Vilalba están moi ben pero teñen un gran problema que a xente discapacitada fisicamente non pode asistir aos xogos porque esta ten moitas escaleiras e non ten acceso o ascensor.

2º:En contra , tendas de roupa hai moitas na miña opinión creo que outra tenda de roupa aquí neste pobo non tería moito futuro, único que sexa de roupa deportiva que só hai unha, esa si qe podería ter unhas boas ganancias.

jueves, 4 de febrero de 2010

Coñecemos emprendedores,actividade 10


Mantiven unha conversa co empresario Victor Sanjurjo Gayoso , xefe da tienda de Sanjurjo Moda, situada na Avenida de Galicia.
Este servizo corresponderiase co sector terciario porque lles ofrece servizos os máis.

EU: Este ano neste sector notáchedes a crise ?
VICTOR:Non houbo queixa,creo que se notou moito máis noutros sectores como por exemplo nos concesionarios dos coches.
EU:Cando pensa vostede que vai rematar a crise?
VICTOR:Eso é unha opinión moi persoal no meu caso creo que o forte ainda non empezou e a chamada famosa crise logo rematará.
EU:Esta contento co seu traballo ?
VICTOR:Sí, desde pequeniño xa me acostumei , son moitos anos vendendo roupa , agora non o cambiaria ainda que me deran un traballo máis doado .
EU : Foi unha honra manter esta conversa contigo, moitas gracias
VICTOR:Gracias a vostede pola súa enquisa

Actividade 8



CAPITALISMO: Sistema económico no que os seres humanos, empresas levan a cabo a produción e o intercambio de bens e servizos mediante transaccións nas que interveñen os prezos e os mercados.

DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE:forma de desenvolvemento que satisface as necesidades do presente sen comprometer as do futuro, como un proceso dinámico onde os esforzos institucionais, a orientación do desenvolvemento tecnolóxico, a explotación dos recursos e o destino dos investimentos deberan de estar orientados para satisfacer tanto as necesidades presentes como as futuras.

martes, 15 de diciembre de 2009

Repasando conceptos básicos,actividade 7


-Obradoiro: taller,lugar destinado a traballar,normalmente de forma manual.

-Iniciativa: calidade de quen ten decisión para emprender algo.

-Emprender/Emprendedor: é un proceso social e dinámico no que os indivíduos, a título persoal ou en colaboración , identifican oportunidades para innovar e actúan transformando as ideas en actividades prácticas.

-Empresario: persoa que emprende un negocio, industria ou establecemento público.

-Idea emprendedora: persoa que da unha idea que pode chegar a convertirse nun proxecto concreto, xa sexa unha empresa con fins de lucro ou unha organización social, que está xenerando algún tipo de innovación e empleos.

-Proxecto ou plan de empresa: xestión de empresa, como se o emprendedor que por fin ten unha empresa se converteuse entón en empresario.

-Empresa: asociación organizada para fins comerciais , industriais ou mercantís.

-Ánimo de lucro: realizar algo, calquera acción co própositode obter un beneficio económico a cambio, e dicir, co próposito de lucrarse.

Buscando ideas,Actividade 6


-O texto que me pareceu máis relevante foi o de"Nenos con ideas que valen millóns",porque flipei que neniños tan pequenos foran capaces de realizar iso.

-O texto de"Bistecs coma os de antes ",tamén me pareceu moi interesante,antes non había hixiene coma nos bares...

Agora que hai máis centros médicos aumenta tamén a xente con enfermidades estomacais.

_Cando vas a un supermercado que esteñan os alimentos envasados paréceme hixiénico,en contra,cando vas a un bar e poñénche unha tapa de comida ás bandexas están enriba do mostrador a xente que está na barra o falar entre eles sempre salpican algo.

jueves, 26 de noviembre de 2009

Actividade 5, prensa e economía

En España a economía está moi baixa. En concreto vou falar da leitería Pascual, fai uns meses despediu a moitos empregados. Hoxe en día, hai moita crise en España, nos concesionarios dos coches por exemplo estáselles a caer a casa enriba, é dicir, que non teñen moita productividade.

Na leitería de Pascual botaron a centos de empregados por culpa da crise, os gandeiros xa están cansos de facer folgas pero non gañan nada a cambio polo que se está a ver.


A xente está moi encontra da leitería Pascual por botar a tantos empregados, estes exercían os seus traballos.



viernes, 30 de octubre de 2009

Actividade 4: emprendendo no noso centro educativo.


O meu instituto é moi grande e pouco acolledor. Nas instalacións faltan ascensores que dean acceso a outros edificios pero bueno, en xeral , co grande que é está bastante ben.
Eu creo que faría falta remodelar os edificos A e B, porque en realidade son os edificios vellos deste instituto, hai moitos pais de nenas/os que acoden a este instituto que xa acudiran eles antes. Hai pouco fixeron un edifico novo: o D. Aquí soen estar os nenos/as máis pequenos , é dicir, os que veñen novos.

Unha das actividades máis interesantes que realizan os nenos/as é o Cinensino.

Esta actividade lévase a cabo no auditorio de Vilalba, e acoden os alumnos de 1º, 2º de ESO e o PDC.

Os alumnos que acudiron ao cine terán que facer unhas actividades sobre a pelicula que viron.

A min en concreto esta actividade páreceme interesante. A parte de ser gratuita é divertida.